O Multiusos de Mos acolle o VI Concerto O Son dos Cantares

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o domingo 28 de abril a partir das 17.00 horas

 

A mosense Coral O Son dos Cantares de Tameiga celebra o seu “VI Concerto O Son dos Cantares” o domingo 28 de abril ás 17.00 horas no Multiusos de Mos, situado nas Pozas –parroquia de Petelos-, contando ademais da súa propia, coas actuacións da Coral Endesa – As Pontes (A Coruña), Polifónica Vilalbesa (Lugo), Coral De Ruada (Ourense) e Orfeao de Ermesinde (Portugal).

 

Durante o concerto, con entrada totalmente libre e gratuita, as agrupacións musicais participantes farán un percorrido polos diferentes ritmos musicais entre os que se atopan o pop, o folk galego, a zarzuela, etc.