O Multiusos de Mos acollerá o Certame de Panxoliñas do Concello os domingos 16 e 23 de decembro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase a partir das 18.00 horas  nel participarán un total de oito grupos vocais

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informou hoxe da vindeira celebración do Certame de Panxoliñas Concello de Mos 2012, que se celebrará no auditorio do centro Multiusos das Pozas, en Petelos, os domingos 16 e 23 de decembro a partir das 18.00 horas da tarde.

 

O domingo 16 actuarán a Coral Novas Voces de Celado, a Coral Polifónica o Son dos Cantares de Tameiga, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Mos e o Coro das Escravas da Virxe Dolorosa, que é a primeira vez que participan neste certame e ás que dende o Concello se lles quere trasladar todo o apoio municipal.

 

O domingo día 23 de decembro intervirán no Certame de Panxoliñas o Orfeón Asomamos, a Coral Polifónica Ventos do Val, a Coral Polifónica Nosa Terra de Pereiras, e o Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos.