O Multiusos de Mos acollerá un concerto de María do Ceo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o domingo 18 de novembro ás 20.00 horas da tarde

A concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informou hoxe de o mosense auditorio do Multiusos das Pozas será esceario dun concerto da cantante de fados, María do Ceo, que se celebrará o domingo 18 de novembro, ás 20.00 horas.

Neste concerto, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, a cantante presentará o seu décimo disco que leva por título ‘Fado com outro acento’.

María do Ceo actualmente está considerada como a fadista tradicional sucesora de Amalia Rodrigues, tanto polo seu estilo coma pola súa interpretación. Na actuación do día 18 no Multiusos, os asistentes poderán comprobar que María do Ceo, non só canta fado, senón que tamén canta ‘bolero’ cun dramatismo que lembra á gran Chavela Vargas.

Esta cantante, dotada de cualidades vocais excepcionais, envolve de inmediato nos seus concertos ó público nun ambiente máxico cunha musicalidade escalofriante que lle brota da alma. María do Ceo ten unha sólida carreira internacional e foi recoñecida e condecorada como embaixadora da cultura galega no mundo, tendo sempre o fado coma a súa inspiración primordial.

Asistir a un concerto de María do Ceo significa sumerxirse nun ambiente musical no que se comprende de inmediato a identidade cultural Luso-Galaica.