O novo goberno local reúnese cos xefes de departamento

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O obxectivo foi coordinar o labor das diferentes áreas da administración local para continuar a prestar o mellor servizo ao cidadán durante a presente lexislatura

Esta semana celebrouse no Concello unha reunión organizativa entre o novo equipo de goberno local e os/as traballadores/as xefes dos distintos departamentos municipais. Sobre a mesma a alcaldeda de Mos, Nidia Arévalo, declarou que “comezamos a lexislatura coordinando o labor das diferentes áreas da administración local para continuar a prestar o mellor servizo ao cidadán”.
Ademais esta mesma mañá no Pazo de Mos levouse a cabo o Pleno de Organización da Corporación Municipal no que se deu conta da constitución de grupos políticos, integrantes e voceiros.
A alcaldesa (que segue a levar persoalmente á Policía Local) resolveu no mesmo o nomeamento de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións de competencias. Os Tenentes Alcalde son Camilo Augusto Martínez, tamén concelleiro de Desenvolvemento urbán e revalorización de espazos públicos, Vías e obras, e Coordinación coas Asociacións Veciñais; e Alberto Méndez Lago, edil de Urbanismo, Patrimonio, Facenda, Contratación, Transparencia e bo goberno.
Pola súa banda Julia Loureiro Campo leva as carteiras de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego, Mobilidade, Educación, Persoal e Réxime Interno. Leopoldo Costas Alonso leva Emerxencias, Medio Ambiente sostible, Novas Tecnoloxías e Mocidade. Begoña Toucedo Rodríguez dirixe os departamentos de Participación Cidadá e Deportes. Baldomero Lorenzo García leva a nova concellería de Servizos para a mellora do hábitat urbán. Sara María Cebreiro Alonso continúa coas carteiras de Política Social, Igualdade, Cultura e turismo. E pola súa banda, Gonzalo Alonso Táboas, é o responsable de Alumeado e eficiencia enerxética e Recollida de residuos.
En canto á proposta de recoñecemento de dedicacións exclusivas totais ou parciais destaca o aforro en salarios dos membros do goberno municipal. Este aforro será posible xa que o número de dedicacións exclusivas redúcese de 5 a 4, e non hai ningunha dedicación parcial (ó igual que na lexislatura pasada).
As catro dedicacións exclusivas corresponden á rexedora local e a tres concelleiros: Sara Cebreiro, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo.
Na sesión plenaria extraordinaria que se levou a cabo hoxe tamén se determinou a periodicidade das sesións do Pleno, que se convocará como se viña facendo ata o de agora mensualmente, o último luns de cada mes ás 10.00 horas da mañá no Pazo de Mos. Pola súa banda, a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local será semanal e estará integrada, ademais da alcaldesa, por Leopoldo Costas, Begoña Toucedo, Gonzalo Alonso, Camilo Augusto e Alberto Méndez.