O obradoiro de emprego Alfacuca III dará comenzo a finais de ano

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Contará con 32 alumnos-traballadores durante un período de seis meses

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, informaron hoxe da concesión por parte da Xunta de Galicia da subvención que permitirá a realización do obradoiro municipal de emprego Alfacuca III.

Segundo informaron os representantes municipais, esta previsto que o obradoiro, que terá seis meses de duración, dea comenzo a finais do vindeiro mes de decembro. O número de alumnos-traballadores que se verán beneficiados por esta iniciativa serán un total de 32, gracias á financiación da Xunta que subvenciona este obradoiro con preto de 300.000 euros.

As especialidades das que constará esta terceira edición do Obradoiro de Emprego Alfacuca son agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns, instalación e montaxe de elementos de madeira, e promoción turística local e deseño gráfico. Cada especialidade contará con 8 alumnos-traballadores. A tarefa común a realizar dende as catro especialidades será a revalorización da aldea Alfacuca, na parroquia mosense de Louredo, e outros espacios naturais do Concello de Mos.

Máis detalladamente, outros dos traballos que se levarán a cabo durante este novo obradoiro de emprego serán a recuperación ambiental e restauración paisaxística de Alfacuca, plantación de especies arbóreas e plantas autóctonas, creación de espazos de ocio e lecer e zonas de acampada, creación dunha horta ecolóxica cunha finalidade educativa e de desenvolvemento persoal e desenvolvemento dunha estratéxia de promoción dos recursos locais do municipio e a súa plasmación gráfica a modo de desenvolvemento de productos turísticos, culturais, educativos, medioambientais, co obxectivo final da promoción dos mesmos e da consolidación da identidade propia do municipio de Mos.

Segundo explicou Soto, os 32 alumnos-traballadores que participen en Alfacuca III “formarán parte dun programa mixto de formación e traballo, gracias ó cal, estas persoas verán notablemente melloradas a súa empregabilidade e ocupabilidade de cara ó final do obradoiro”.

Asimesmo o edil de Formación e Emprego declarou que “elixíronse estas especialidades dacordo ás necesidades do proxecto de revalorización do espazo de Alfacuca e outros espazos naturais do municipio, como o parque do Campo da Feira, o parque municipal de Sanguiñeda e o Multiusos”.

A formación teórica e práctica que aportará aos alumnos a especilidade formativa de agricultura ecolóxica, permitirá aos mesmos acadar as competencias precisas para poder nun futuro desenvolver unha actividade económica neste ámbito, que forma parte dos novos viveiros de emprego, e está en auxe tanto dende o punto de vista da demanda, como da oferta. A través deste proxecto, preténdese dotar ao espazo de Alfacuca cunha plantación de agricultura ecolóxica, cunha finalidade educativa e social, a modo de centro de interpretación, dotándoo de contido dirixido aos colexios do municipio e a colectivos de persoas con discapacidade e de maiores.

A revalorización do espazo de Alfacuca e dos outros espazos naturais do municipio nos que se pretende actuar coa especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, ten como obxectivo conseguir converter a Alfacuca nunha zona de esparcemento e lecer, ao que se suma a súa ubicación nun entorno natural, que proporciona a posibilidade de organización de eventos medioambientais e acampadas, e sobre todo da recuperación de especies autóctonas, como os carballos, entre outros.

Á especilidade de instalación e montaxe de construcción de madeira sumáronse módulos formativos doutras especilidades, que complementan a formación e práctica profesional dos alumnos-traballadores, como manexo de carretillas elevadoras, de modo que estes poidan, ao finalizar o obradoiro ou durante o mesmo, obter o carné de carretilleiro, ocupación actualmente demandada no mercado laboral.

Ademais uníronse dúas especilialidades, como son promoción turística local e deseño de productos gráficos, coa intención de que os alumnos-traballadores, teñan unha visión ampla das necesidades dunha localidade e poidan cubrir esas necesidades de forma casi completa, co obxectivo de mellorar a imaxe do municipio, e posibilitar unha promoción dos recursos locais existentes.