O Obradoiro de Emprego de Mos arranca cara a posta a punto do Centro de Día para Maiores

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Unha parte do edificio xa funciona xestionada por AFAGA e dende o Concello espérase poder rematar co Obradoiro do 2015 a rehabilitación da que foi a antiga Casa Reitoral de Petelos

 

Hoxe realizouse a presentación do Obradoiro Municipal de Emprego do Concello de Mos deste ano, contando coa presencia da delegada territorial da Xunta de Galicia, María José Bravo Bosch, que estivo acompañada pola xefa territorial de Traballo e Benestar, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, e varios membros máis da Corporación Municipal. Por suposto, á presentación asistiron tamén os alumnos traballadores beneficiarios do Obradoiro, así como o equipo docente e directivo do mesmo.

 

O Obradoiro Municipal de Emprego 2014 do Concello de Mos deu comezo hoxe mesmo e durante os vindeiros meses os seus alumnos traballadores adicaranse a continuar a rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos para adaptala a Centro de Día para Maiores. Dende a admnistración local mosense a intención é a de poñer tamén en marcha un novo Obradoiro de cara ó ano que ven no que se traballe na mesma finalidade de rehabilitar a Reitoral de Petelos e rematar así a súa adaptación a Centro de Día.

 

O Obradoiro Municipal de Emprego de Mos acolle este ano a 19 alumnos traballadores en situación de desemprego. O Obradoiro conta cun orzamento de 170.000 euros e as especialidades impartidas e desenvolvidas serán as de cantería e xardinería. Á especialidade de cantería hai destinados un total de 10 alumnos traballadores e os restantes 9 son da especialidade de xardinería.

 

Os 19 alumnos/as traballadores/as repártense do seguinte xeito en canto ó seu sexo e rango de idade:

 

  De 18 anos a 34 A partir de 35 anos Total
Homes 13   13
Mulleres 3 3 6
Total 16 3 19

 

O equipo directivo docente do Obradoiro está formado por unha directora, unha titora, un docente de cantería, un docente de xardinería e unha administrativa. O contrato, tanto de alumnos traballadores como de docentes tendrá, ó igual que o Obradoiro de Emprego, unha duración de 6 meses, dende a data de hoxe 09/09/2014  ata o día 08/03/2015.

 

O programa ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que conta con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo, isto é, contribúe á mellora da súa empregabilidade.

 

 

 

Esta iniciativa renova un ano máis o Obradoiro de Emprego como un importante espazo de colaboración entre a consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Mos no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos. Ademais, este Obradoiros está vinculado á realización dunha obra de alto interese para a comunidade mosense, ó centrarase na rehabilitación da Casa Reitoral da parroquia de Petelos para adaptala a Centro de Día adicado ós maiores da localidade. A parte do edificio xa rehabilitada ata o de agora está a ser xestionada por AFAGA, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, que presta atención ós maiores mosenses afectados por este tipo de doenzas e ás súas familias.

 

Actuacións

 

O obxecto de actuación deste proxecto será, ademais da execución da rehabilitación das estancias da Casa Reitoral de Petelos e instalación e mantemento da súa zona verde; a revalorización de espazos naturais no Cemiterio Municipal de Torroso, o Campo da Feira en Puxeiros, o centro Multiusos nas Pozas, o parque de San Eleuterio e os partes de As Lagoas e San Rafael.