O Pavillón Óscar Pereiro acolle o ‘Festival Escolas de Patinaxe de Mos’

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o vindeiro domingo a partir das 17.00 horas

As Escolas de Patinaxe de Mos, coa colaboración do Concello de Mos, organizan o ‘Festival Escolas de Patinaxe de Mos’ que se celebrará o domingo 17 de xuño no Pavillón Óscar Pereiro a partir das 17.00 horas.
Participarán o Club Rosaleira de Mos, a Agrupación Xiramos de Mos, a Agrupación Sobre Rodas de A Cañiza, o Club Bolboreta de Redondela, o Club Escuela Rosalía de Vigo, o Club Eixo de Gondomar, o Club Patín do Porriño, o CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, o Club Luar de Ponteareas, e as organizadoras Escolas de Patinaxe de Mos.