O Pazo de Mos, sede da mostra de artesanía Dragon Market

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados en facer agasallos con moita arte poderán realizar as súas compras navideñas esta fin de semana na localidade mosense

 

A concelleira de Cultura de Mos, Sara Cebreiro, informa da vindeira celebración no Pazo de Mos da primeira edición do Dragon Market, de exposición e venta de productos de artesanía.

 

Trátase dunha iniciativa emprendida por un grupo de artesáns e artistas mosenses que organizan esta mostra por primeira vez  coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.

 

A exposición estará aberta ó público os días 14, 15 e 16 de decembro no Pazo de Mos. O venres 14 e o sábado 15 o horario de apertura será de 17.00 horas a 22.00 horas, mentres que o domingo, día 16 de decembro, a mostra abrirá as súas portas todo o día, dende as 10.00 horas da mañá ata as 20.30 horas da tarde.

 

O colectivo artístico organizador deste evento, o Proxecto Dragonfly, conta nesta iniciativa coa colaboración da Fundación Pazo de Mos e do Concello de Mos. Segundo declarou a edil Sara Cebreiro, “co apoio municipal a esta mostra pretendemos fomentar a promoción da artesanía local e incentivar a venta de producto artístico autóctono durante esta campaña de Nadal na que se adquiren agasallos para familiares e amigos”.

 

A inauguración da exposición celebrarase o vindeiro venres, día 14, ás 17.30 horas, segundo informou tamén a edil de Cultura mosense. Durante os tres días de exposición, a mostra contará, en horario de 19.30 horas a 21.30 horas, co acompañamento musical do dúo ‘Two in the mirror’.

 

Ademais dos artesáns, exporán tamén estes días a súa obra no Pazo de Mos o pintor Suso Valiente, o escultor en pedra Raimundo Martínez, o escultor en madeira Alberto Romer e varios fotógrafos alumnos de Tony Vaca.