O Pleno de Mos renova no seu cargo ó Xuíz de Paz Titular

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Evaristo Toucedo continuará neste posto durante catro anos máis

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta mañá de que no Pleno ordinario da Corporación Municipal celebrado onte pola tarde aprobouse por unanimidade de tódolos grupos políticos o nomeamento de Evaristo Toucedo Carrera como Xuíz de Paz Titular de Mos, cargo que xa ven ocupando dende fai catro anos.

 

A derradeira convocatoria para a elección do Xuíz de Paz de Mos foi, segundo explicou a rexedora local, moi concorrida cun total de sete aspirantes presentados, procedentes a maioría doutros municipios e algúns incluso doutras provincias. Houbo aspirantes de Ponteareas, varios de Vigo, e incluso da provincia de Ourense, concretamente do Concello de Toén. Entre os sete aspirantes había ata persoas licenciadas en Dereito ou con experiencia profesional relacionada co ámbito legal.

 

Sen embargo, segundo declarou Arévalo, “dende o Concello quixemos manter ó noso Xuíz de Paz nos seu posto porque Evaristo Toucedo, que exerce na actualidade desenvolvendo as labores propias do seu cargo, leva realizando ditas labores á perfección dende fai catro anos, sen que houbese ningún tipo de incidente ó respecto; é por iso que a Corporación en Pleno o consideramos a persoa idónea para ocupar o cargo de Xuíz de Paz”.

 

O nomeamento de Evaristo Toucedo como Xuíz de Paz Titular de Mos é de novo por un período de catro anos, e a súa xurisdicción circunscríbese ó termo xudicial. Tras a elección do Pleno do Concello do candidato que estimou máis idóneo entre os presentados que cumprían os requisitos precisados, proporase a este ante a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. E é que, o Concello de Mos, polo principio democrático de elección, pode escoller a aquel candidato a Xuíz de Paz que motivadamente entenda máis idóneo para o desenvolvemento das tarefas propias do cargo neste municipio, o que pode ser valorado en función de diferentes parámetros tales coma a formación xurídica dos candidatos, os coñecementos específicos dos mesmos sobre este ámbito, a súa experiencia previa neste, etc.

 

Como xa se dixo, unha vez levada a Pleno a proposta de Xuíz de Paz Titular, esta debe trasladarse ó Xuíz de Primeira Instancia e Instrucción para que á súa vez a eleve ó Tibunal Superior de Xustiza de Galicia, quen en definitiva, é o órgano que designa os cargos.

 

Agora, unha vez nomeado Evaristo Toucedo novamente como Xuíz de Paz de Mos, tomará posesión do seu cargo nos vinte días naturais seguintes ó de publicación do correspondente anuncio no BOP, logo de xuramento ou promesa ante o Xuíz de Primeira Instancia e Instrucción, ou Xuíz Decano, de haber varios.

 

Requisitos

 

As condicións que deben cumplir os candidatos que desexen optar a ser Xuíz de Paz dun Concello son ser español, maior de idade, non atoparse impedido nin física nin psíquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condeados por delicto mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesados ou inculpados por delicto doloso en tanto non sexan absoltos ou se dicte auto de sobreseimento. Ademais, non poderá estarse incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas para os membros do Poder Xudicial, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantes. Non se esixe, nin para Xuíz de Paz Titular nin para o substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.