O Pleno ordinario de Mos leva a aprobación as bases e convocatoria do aluguer de tres vivendas en San Eleuterio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Espérase que no mes de outubro xa estean ocupadas polos seus novos inquilinos

 

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou hoxe de que o Concello de Mos vai a levar a aprobación en Pleno o vindeiro luns, día 5 de agosto, as bases e convocatoria para a selección de adxudicatarios do dereito de aluguer de tres vivendas de titularidade municipal en réxime de aluguer social, sitas na zona da Urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga. Unha vez iniciado este trámite, dende a administración local espérase que de cara ó vindeiro mes de octubre os tres pisos estean xa ocupados polas súas tres novas familias inquilinas.

 

O Concello de Mos é propietario dun total de seis vivendas na zona de San Eleuterio, as cales estiveron todas ocupadas ata fai poucos meses, quedando na actualidade libres os tres pisos que agora saen a proceso de adxudicación en réxime de aluguer.  

 

Das seis vivendas propiedade da administración local, catro miden 82 metros cadrados e teñen tres dormitorios; e os outros dous miden 90 metros cadrados e contan con catro dormitorios.

 

Condicións

 

Os requisitos que deben cumplir as familias beneficiarias dos tres pisos que saen a proceso de adxudicación son: estar empadroado en Mos cunha antigüidade mínima de tres anos, non ter ningunha vivenda en propiedade, estar inscrito no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Promoción Pública e que os ingresos da unidade familiar estean comprendidos entre o 0,7 e o 1,5 IPREM. O prezo do aluguer establécese tamén en función da renda da familia beneficiaria.

 

Respecto desta iniciativa a rexedora local mosense e a concelleira delegada de Benestar Social, Sara Cebreiro, declararon que “o Concello de Mos, vendo a complicada situación económica de moitas familias por mor da crise, decidiu sacar a adxudicación estes tres pisos que ten en propiedade e que quedaron libres, para que os veciños e veciñas do municipio poidan optar a alugalos”.