O presidente da Xunta de Galicia visitou onte Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou onte en Mos o proxecto que puxo en marcha a comunidade de montes de Mos, que inviste máis dun millón de euros en acondicionar 33.500 metros da urbanización exterior delos terreos da contorna do Pazo de Mos, situados na parroquia de Santa Eulalia de Mos.

Na actualidade a parcela pertence á Comunidade de Montes de Mos, sobre ela realízase un proxecto de urbanización e acondicionamento dun espazo exterior para un uso de lecer e esparexemento.

O proxecto pretende recuperar os terreos da contorna do Pazo de Mos e convertelos nun lugar de esparexemento co deseño de sendas, pérgolas, prazas, vexetación… xerando un espazo público inclusivo, aberto a todos os veciños do concello. Deséñase un espazo aberto, cheo de pequenos recunchos a través da arquitectura e o paisaxismo.

O presidente da Xunta visitou esta obra en compañía de alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e mostrouse gratamente sorprendido do proxecto.