O programa Noites Vivas chega en abril a Mos cunha observación astronómica

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será o sábado día 20 na Asociación Cultural e Social de Herville, parroquia de Cela

 

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón lembrou hoxe a realización, dentro do programa Noites Vivas, dunha observación astronómica que terá lugar o sábado, 20 de abril, na Asociación Cultural e Social de Herville a partir das 21.30 horas.

 

De 21.30 a 22.30 horas os expertos astrónomos darán unha charla con explicacións introdutorias sobre o que se verá a continuación. E xa ás 23.00 horas comenzará a observación astronómica propiamente dita no Castro de Herville. Durante a mesma observarase a lúa en cuarto de crecente (con cráteres, mares, etc.), Marte, Saturno co seu sistema de aneis, nebulosas, estrelas dobres, cúmulos estelares, Estación Estatal Internacional, etc.

 

Esta actividade é libre e gratuita para tódolos asistentes.

 

A observación astronómica estará dirixida por colaboradores da Agrupación Astronómica Rías Baixas, tres monitores expertos e persoal de apoio.

 

Os obxectivos desta iniciativa son promover un ocio nocturno saudable na xuventude do municipio de Mos, ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para a xuventude mosense, motivar aos nosos xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, crear novos espazos de socialización e divertimento, impulsar o concepto de “Concello saudable” a través do ocio nocturno colectivo programado e promover a calidade de vida da xente nova.