O programa Ocio en Familia leva ó Multiusos de Mos un espectáculo cómico e de maxia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar o vindeiro domingo, día 30 de setembro, a partir das 18.00 horas da tarde
A concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da próxima actividade incluída no programa Ocio en Familia. Trátase dun espectáculo cómico e de maxia que terá lugar o vindeiro domingo, día 30 de setembro, ás 18.00 horas no auditorio do centro Multiusos de Mos, situado nas Pozas, parroquia de Petelos.
Sobre esta actividade, titulada ‘Non te rías, é maxia’, Monzón explicou esta mañá que “se trata dun espectáculo da compañía Rivel Animación consistente nunha actuación de maxia para rir e sorprenderse na que un técnico aparecerá rematando os traballos do esceario, cando recibe unha chamada telefónica do mago dicindo que non pode acudir á actuación e, a partires dese momento, o técnico, coa axuda dos nenos, irá descubrindo os instrumentos do mago, que están nunha maleta”, describía á edil, ó tempo que animaba a tódolos veciños e veciñas de Mos a asistir en familia o domingo a este divertido espectáculo.