O PXOM de Mos inclúe 30 informes sectoriais doutros organismos e administracións

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Case o 100% das alegacións ó Plan Xeral mosense se atopan xa estudiadas

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro informaron hoxe do punto no que se atopa o Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, e das útimas novidades e avances no procedemento cara á aprobación definitiva.

 

Nestes intres as alegacións atópanse estudiadas case na súa totalidade e polo tanto, coas súas respectivas respostas case tamén elaboradas ó 100%. Unha vez íntegramente estudiado o total das alegacións, estas lle serán remitidas á Xunta de Galicia xunto coas respostas elaboradas polo equipo redactor e o documento inicial xa corrixido do Plan Xeral para poder proceder á súa aprobación provisional.

 

Ademais actualmente “atopámonos na fase de recepción dos últimos informes sectoriais pendentes, que son un total de 7, con cuias administracións emisoras estamos en contacto permanente”, segundo declararon esta mañá as representantes municipais Arévalo e Loureiro. En total, dende a administración local mosense pedíronse a outras administracións e organismos un total de 30 informes sectoriais necesarios para a elaboración do PXOM, dos cales un total de 23 xa foron recibidos.

 

O equipo redactor do PXOM mosense xunto cos técnicos municipais están ademais mantendo reunións cos organismos que emitiron informes sectoriais para lograr elaborar o mellor documento posible do Plan Xeral de Mos, documento que se pretende que sexa ademais consensuado entre tódalas administracións competentes en beneficio tanto do Concello mosense coma de tódolos seus veciños e veciñas.

 

Tamén se retomaron as reunións de seguemento nas que o equipo redactor e os técnicos municipais van dándolles conta dos progresos e avances do Plan ós representantes dos tres grupos políticos da Corporación Municipal, rexedora local e edil de Urbanismo. A última destas reunións de seguemento con representación de tódolos grupos da Corporación celebrouse no Concello o pasado xoves, día 17 de outubro.

 

Por último, Loureiro lembrou e destacou hoxe que o estudio realizado das alegacións ó PXOM mosense está enfocado a fomentar o desenrolo dos núcleos rurais. Deste xeito o Concello de Mos, facéndose eco das demandas veciñais nas áreas de núcleo rural e sempre cos avais do equipo redactor e técnicos municipais, pon de manifesto o seu interese por consolidar o carácter rural do termo municipal.