O reparto das 15.000 mascarillas marcha a bo ritmo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta semana incorporouse máis persoal ás tarefas de desinfección, ionización, embolsado e reparto das 15.000 mascarillas que o Concello está a entregar á veciñanza mosense a domicilio. Entre eles/as incorporáronse a estes labores varios operarios/as de limpeza municipais.

Ademais as tarefas de esterilización con ozono trasladáronse tamén esta semana ao edificio Multiusos nas Pozas, para poder ser realizadas con maior comodidade.

O reparto das mascarillas marcha a bo ritmo e prevese que poida ser finalizado de cara á fin de semana.

GRAZAS a todos/as os/as que o facedes posible. #XuntosSaireMOS