O Románico de Mos

Existen diversas igrexas que conservan, a pesares do tempo, vestixios artísticos do estilo románico.

O románico é un estilo nacido en Europa nos séculos XI e XII coma unha linguaxe artística unitaria e internacional, conxugándose a variedade e multiplicidade segundo os países e rexións.  Este estilo acadou un extraordinario desenvolvemento en toda Galicia a partires do segundo cuarto do século XII, é dicir, tras a finalización da catedral de Santiago de Compostela.

Cabe destacar as seguintes igrexas de estilo románico no noso Concello:

Igrexa de San Salvador en Louredo que foi reformada por varias veces no século XVIII, conserva un tímpano románico e algúns “canzorros” de finais do século XII ou comezos do XIII, a capela maior posúe un sepulcro co escudo de Lanzós e Taboada.

Igrexa de Santa María de Guizán tamén é de estilo románico destacando a súa portada así coma unha cornixa sostida por cans.

Igrexa de Santiago de Sanguiñeda construída no ano 1685, posúe dúas tallas de pedra na súa fachada, unha da Virxe co neno e a outra de Santiago; debido a súa construción, o seu estilo e características fannos pensar nun románico tardío.