O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE RECOÑECE O GRAN TRABALLO DOS CLUBS DEPORTIVOS DE MOS E ANUNCIA A MELLORA DAS LIÑAS DE AXUDA DAS QUE SON BENEFICIARIOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

  • Aborda coas entidades a convocatoria de axudas a clubs que beneficia a diferentes entidades deportivas de diversas modalidades do concello mosense

 

Mos, 12 de setembro de 2019-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou no serán de hoxe ao concello de Mos onde, acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e pola concelleira mosense de Deportes, Begoña Toucedo, mantivo unha xornada de traballo cos principais clubs do concello.

 

Entre estes destacan a Agrupación Patinaxe Xiramos, Archers Team, Baila-Mos, Barmando, Club Baloncesto Mos, Club Peña Ciclista Corredoira, Club Polideportivo Virxe Dolorosa, Club Santa Mariña, C.E. Louro Tameiga, Club Patinaxe Artística Mos, Club Rafa Tapias, Club Tenis de Mesa Mos, Club Xadrez Mos, Escolas de Patinaxe de Mos, Club de Fútbol Unión Deportiva Mos, Club Hípico Alazán, Club Petanca Dornelas, Club Deportivo Alerta de Sanguiñeda, Club Deportivo Ipadel Mos, Club Hípico Herville, Club Natación Master Mos, Escuela de Equitación y Equinoterapia Abrain, Escuela Deportiva Lar, Master da Louriña, Club Deportivo Taekwondo Zusanli, Club Deportivo Los Sauces, Fundación Óscar Pereiro, Santa Eulalia Espain F.S., L.P. Escuela de Pilotos e o Club Deportivo Kickboxing Mos.

 

Lete Lasa destacou o traballo en prol do deporte galego realizado por todos eles e destacou as principais liñas de financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte como a convocatoria de axudas a clubs que beneficia a diferentes entidades deportivas de diversas modalidades do concello. Así tamén abordaron a convocatoria de axudas para equipamentos deportivos (da que xa se beneficiou neste 2019 o Club Xadrez Mos) e o programa Xogade que na actual tempada 2018-2019 conta cun total de 596 nenos e nenas nados en Mos, o que representa un incremento do 28%.