O vindeiro xoves ás cinco da tarde o Concello de Mos acenderá o seu alumeado de Nadal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O acto contará coa actuación musical de Uxía Lambona e chocolate quente para todos

O Concello de Mos informa de que o acto de acendido do alumeado de Nadal, previsto para o pasado domingo 2 de decembro, pospúxose para o xoves 6 de decembro por causas meteorolóxicas.
Polo tanto o vindeiro xoves, día 6 de decembro, na Praza do Concello en Petelos, ás 17.00 horas comezará o acto de animación infantil con DJ e mascotas da Aldea Fantasía, ás 18.00 horas concerto de Uxía Lambona e A Banda Molona seguido do acendido oficial do alumeado de Nadal. O fin de festa realizarase con chocolate quente para todos.