Obra de saneamento no Camiño do Crasto

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

GUIZÁN DE NORABOA:
A parroquia está a ser obxecto de melloras de humanización, seguridade viaria e saneamento.
Ademais das obras de humanización na Estrada Louriñó-Sobráns, veñen de comezar os traballos de instalación da rede de saneamento municipal no Camiño do Crasto, que permitirán conectarse ao servizo a un total de 20 vivendas.
A lonxitude da instalación ascende a 848 metros, contando cun orzamento que supera os 85.000 € con cargo ao Plan Concellos 2020.