Obradoiro de convivencia adolescente no IES de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Organizado pola concellería de Educación e Participación Cidadá coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

 

A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe de que en data 28 de xaneiro celebrarase o I Obradoiro do Programa de Ciclos de Vida Adolescente dirixidos a alumnado de 3º da ESO e organizados polos Centros Quérote + (Centros especializados de Información e Asesoramento á xuventude, pertencentes á  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Educación (Xunta de Galicia) e a concellería mosense dirixida por esta edil, e en colaboración tamén co IES de Mos.

 

A actividade tratará da temática sobre a “Convivencia” e estructurarase en nase ós seguintes obxectivos: fomentar o uso do diálogo como alternativa a outras respostas menos construtivas ante os conflitos como a agresión, a violencia ou a sumisión, fomentar a potenciación de contextos cooperativos nas relacións persoais, potenciar o desenvolvemento de actitudes de asertividade e empatía, nos procesos de interacción persoal, fomentar as relacións de apoio entre os iguais e distinguir entre as distintas técnicas de mediación nun conflito.

 

E os contidos sobre os que se tratará no obradoiro versan sobre seguintes temáticas: as habilidades sociais, a comunicación, a resolución de conflitos, a empatía e a asertividade dos rapaces/as para fomentar relacións sociais satisfactorias libres da posible presión exercida polo grupo de iguais e de discriminación ante a toma de decisión individual ante imposicións sociais existentes. E a confianza nun mesmo/a, rompendo cos estereotipos que os medios de comunicación e a publicidade poden exercer sobre os/as rapaces/as e que pode levar nalgúns casos a realizar condutas irresponsables ou perxudiciais coa única finalidade de ser aceptados polo grupo de iguais. Vemos necesario traballar a seguridade nun mesmo/a así coma os valores de cada persoa. A autoestima é importante porque o feito de sentirnos ben con nós mesmos pode influír sobre a nosa forma de actuar, nas nosas relacións persoais, e en xeral, no desfrute que teñamos da nosa vida. Tamén se abordará a reflexión sobre opinións, crenzas e sentimentos de cada persoa en relación aos modelos que ás veces veñen impostos desde a sociedade ou entorno en si, a potenciación das cualidades de cada un/unha, sendo conscientes das limitacións que poidamos ter, a forma en que cada un/unha se sinte con un mesmo/a repercute sobre a percepción de si mesmo/a e a calidade das relacións co resto; e por último tratatase a dicotomía modelos únicos vs diversidade.

Segundo declarou Monzón para concluir, “trátase polo tanto, de que esta programación de formación transversal dirixida aos adolescentes contribúa a ser un complemento na labor de información, sensibilización e prevención que levan a cabo os centros de ensino, apoiados polo Concello de Mos a través da concellaría de Educación e Participación Cidadá e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote +”.