Obras na curva de Costa da Morte-Cela

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Actuacións que se iniciaron a principios desta mesma semana e contan cun orzamento de  320.000 euros

As obras de mellora na curva da costa da morte, no concello de mos, estarán rematadas nesta primavera

 

§        As actuacións consisten no acondicionamento da intersección da PO-331 no punto quilométrico 3+500, onde se rexistra unha grande intensidade circulatoria, con tráficos que superan os 6.000 vehículos diarios

§        O proxecto contempla os traballos necesarios para incorporar un carril central de espera e unha semiglorieta que permita o cambio de sentido neste punto

§        Vázquez precisou que estas accións dotarán a intersección dunha maior visibilidade e dun punto que posibilite os xiros en condicións de seguridade

§        A responsable de Infraestruturas explicou que con este proxecto o Goberno galego pon de manifesto o seu compromiso cos máis de 15.000 veciños deste municipio, acometendo unha obra moi demandada por esta zona