Obras no Campo de Fútbol das Baloutas: Iluminación e Vestiarios

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

As melloras a relizar no Campo de Fútbol das Baloutas consistirán na optimización da iluminación nas torres de luminarias mediante a instalación de dous proxectores de 2.000 vatios de alto rendemento por torre. Posto que o campo conta con 4 torres, instalaranse un total de 8 proxectores que darán unha iluminación de maior calidade en todo o perímetro do campo e contribuirán sensiblemente a unha maior eficiencia enerxética destas instalacións deportivas. Esta era unha importante demanda tanto do propio club U.D. Mos coma dos usuarios do campo.

 

En canto á obra de albanelería, realizanranse traballos de ampliación dos vestiarios construíndo un novo vestiario á maiores, así coma un anexo para almacén. Entre estas dúas estancias sumarán un total de70 metroscadrados. Ó igual que os vestiarios preexistentes, o novo vestiario levará un voladizo na fronte que superará os2 metros, para que faga as veces de resgardo ou cuberta en caso de choiva.

 

Tamén se acometerán traballos no exterior da zona de cafetería. A parte saínte da mesma será cuberta cun tellado habilitando unha zona a maiores de85 metroscadrados. Esta nova cuberta constará dunha estructura metálica con pilares metálicos tamén, e conexión con chapa sándwich cor verde, igual que a xa instalada no resto do tellado, para conseguir así continuar a mesma liña estética actualmente existente. O incremento de espazo útil nesta zona facíase moi necesario dada a enorme afluencia de pais de nenos xogadores deste equipo, que teñen que esperar polos cativos á saída dos adestramentos ou durante os partidos.