Os alumnos de bacharelato do IES de Mos participan nun obradoiro de iniciación á técnica da curtometraxe

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense é a responsable da organización desta iniciativa

 

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón está a desenvolver un curso de iniciación ó mundo das actividades audiovisuais de 4 clases para alumnos de bacharelato do IES de Mos, no que se trate de esperta-lo seu interese por esta faceta creativa.

 

A frecuencia das clases é de un dia semanal por grupo con unha duración de cada clase de 60 minutos, que veñen a sumar unha carga lectiva de 4 horas por cada grupo.

 

A actividade, segundo declarou Monzón, ten como obxectivos “promover novas posibilidades de formación, esperta-lo interese polo mundo da imaxe e o son a través das curtametraxes ós nosos mozos e mozas, promove-lo emprego entre os veciños de Mos xa que o monitor deste obradoiros é un mosense especializado neste campo, e culmina-la actividade coa gravación dunha curtametraxe que se poida presentar nos diferentes festivais da provincia”.

 

O obradoiro deu comezo o pasado venres, día 25 de xaneiro, e rematará o venres 15 de febreiro. Os horarios das clases constan de súas sesións tódolos venres dende o inicio ata o remate do curso, unha ás 09.20 horas e outra ás 12.30 horas.

 

O obradoiro comeza cunha introducción teórica ó que singifica o mundo do cine e máis concretamente á súa aplicación nas curtametraxes. A primeira hora con cada grupo está destinada a impartir entre os rapaces os conceptos básicos da narrativa cinimetográfica, estructuras e modelos de guión, tipos de planos, composición e significado, e preproducción dun proxecto cinematográfico mediante unha documentación a modo de apuntes que os axude a familiarizarse co tema. Tra-la explicación dase paso ó visionado dun ‘making off’ e dun traballo completo que poida semellarse á idea do traballo co que finalizará o curso.

 

Na segunda clase pásase á parte práctica da preproducción da curta. Os rapaces, divididos en grupos elaboran unha idea ou guión de tratamento para traballar sobre unha aplicación práctica real. A través desta idea plantéxase o xénero cinematográfico do proxecto, e móstrase que medios son necesarios para poder producir esa historia para darlle forma visual e estilo para a continuación, comezar a esbozar un guión técnico e un ‘story board’ para así poder levar ata o final a idea inicial.

 

Xa coa teoría e a práctica introducida, coménzanse a grabar os traballos de xeito que os rapaces se convirtan en membros dun equipo de rodaxe real. Por grupos asumen diferentes roles como os de director, operador de cámara, script, operador de son, director de fotografía, productor… e comprenden así a disciplina dun traballo audiovisual.

 

O último paso será o de rematar e editar aqueles traballos que valan a pena e analizar o resultado no proceso de montaxe e edición cun programa de edición de vídeo profesional, o Avid Media Composer. Tratarase de formar un grupo que teña o compromiso necesario para afronta-la tarefa de grabar un curto que represente ó Instituto e a todo Mos nos certames de curtometraxe tanto da provincia coma de fóra dela.