Os alumnos do Instituto de Mos conversan sobre violencia de xénero cun avogado especialista que é ademais Garda Civil

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta iniciativa está organizada polas concellerías de Benestar Social e Educación mosenses con motivo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

 

Hoxe e mañán a concellería de Benestar Social, en colaboración co departamento municipal de Educación e Participación Cidadá, organiza unha actividade no Instituto con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cuio acto central terá lugar en Mos o vindeiro domingo, día 25 de novembro, a partir das 19.00 horas, no Multiusos das Pozas.

 

A actividade que hoxe e mañán se realiza no IES de Mos leva por título ‘Abordar e previr a violencia de xénero dende a educación’ e ten como obxectivo concienciar ós alumnos e alumnas da dramática realidade sobre a violencia de xénero e poder evitar que estes se convirtan en  futuros maltratadores ou persoas maltratadas.

 

Dende fai moitos anos o Concello de Mos ven colaborando co IES na formación do alumnado en diferentes temas transversais, principalmente na prevención e sensibilización en violencia de xénero; procurando que todo o alumnado perciba formación ampla neste  tema durante o seu período de escolarización no IES. É por iso que, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, as concelleiras de Educación e Benestar Social, Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, e en coordinación co Instituto, consideraron axeitada a realización desta actividade  formativa,  que se desenvolve nas xornadas lectivas de hoxe e mañán, dirixida ó alumnado de terceiro e cuarto cursos da ESO.

 

Experto

 

Esta iniciativa, materializada a modo de charlas de 50 minutos de duración, está a ser desenvolvida por un experto no tema da violencia de xénero. Trátase de Jorge Araújo, profesional da materia por ser avogado especialista en violencia de xénero, ademais de Garda Civil destinado no Cuartel do Concello de Mos e implicado no servizo de protección e apoio ás mulleres maltratadas.