Os alumnos mosenses de 4º de Primaria aprenden hábitos sans durante unha semana de Almorzos Saudables

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta campaña pretende evitar as carencias nutricionais e previr a obesidade infantil

 

A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón está a desenvolver durante toda esta semana a campaña Almorzos Saudables, mediante a que se pretende que os/as rapaces/as aprendan a comer ben, ó tempo que se traballan contidos sobre nutrición e hábitos saudables. Os destinatarios desta iniciativa municipal, mozos e mozas de 4º curso dos CEIPs do Concello de Mos, realizan a actividades nas aulas e salón de actos de cada colexio participante.

 

A actividade inclúe a avaliación da mesma por parte de cada rapaz participante, consistente en valorar cada día según lles gustase o almorzo. Ademais as técnicos municipais levan conta diariamente do que almorza cada rapaz/a a través da observación e preguntando en alto e cada alumno levantara a man no alimento que almorzou para así poder facer una avaliación continua. Todos os días ao acabar de almorzar cada estudante recolle os seus útiles e lávaos, ademais de axudar a recoller a mesa colocando o lixo na bolsa e os alimentos e material restante no seu lugar.

Deste xeito, o proxecto Almorzos Saudables mellora os hábitos alimenticios traballando dende os almorzos como comida principal e máis importante do día para o óptimo rendemento dos nenos e nenas. Gracias a esta metodoloxía lógrase recoñecer os problemas de raíz e pódese traballar sobre eles fomentando uns hábitos de alimentación saudables.

 

Neste sentido, Monzón, concelleira responsable desta iniciativa, declaraba esta mañá que “a comer e beber pódese aprender desde moi miúdos; a escola e as familias deben participar conxuntamente nesa formación para que alumnas e alumnos tomen conciencia de que comer de maneira saudable e unha costume que lles axudará a vivir mellor durante toda a súa vida. Podemos comer de todo con moderación pero debemos apostar por alimentos sas”.

 

A alimentación constitúe un dos problemas máis importantes cos que se atopan os adultos responsables dos nenos en idade escolar. Nesta etapa, a vontade infantil leva aos nenos a elixir cousas en xeneral, e alimentos en particular, según a súa percepción sensitiva: cores, sabores, textura, etc. Habitualmente os alimentos elixidos con este criterio non se corresponden cos máis adecuados para o desenvolvemento infantil e si cos máis deficitarios en nutrintes e prexudiciais para a saúde.

 

Esta situación de elección de alimentos pouco nutritivos non conduce a unha mal-nutrición máis ou menos severa, habitualmente o problema clínico que aparece é o desenrolo de estados carenciais, sobre todo en micro nutrintes. Isto débese a que as fontes alimentarias destes nutrientes pertencen ao grupo de alimentos peor tratados pola poboación infantil: verduras, froitas frescas e peixes. As deficiencias en vitamina D, ácido fólico e zinc son as máis comúns entre os escolares das sociedades industrializadas.

 

“Hoxe en día a maioría dos nenos e nenas presentan carencias nos desaiunos que non ofrecen a calidade nin a cantidade axeitadas para render o logo do día. Os que almorzan non o fan de forma equilibrada. Por unha banda estase a estender un consumo moi escaso de froita e pola outra predomina o consumo de bolos e outros produtos industriais sobre os cereais, pan, tostadas; etc. É importante que os/as rapaces/as aprendan a comer de todo, canto máis variada sexa a dieta mellor e máis completa será, deben acostumar o padal a probar e comer de todo”, insiste a edil Kely Monzón.

 

Obxectivos

 

O obxectivo das familias e dos/as educadores/as e demais responsables dos escolares é o benestar do neno/a. na consecución deste obxectivo interveñen de forma decisiva a boa práctica alimentaria. Unha alimentación correcta durante a idade escolar vai a permitir ao neno/a crecer con saúde e manter as súas exixencias escolares.

 

Por e para elo a campaña Almorzos Saudables emprégase a fondo en acadar os seguintes obxectivos: procurar que tódolos/as alumnos/as desaiunen de forma equilibrada mellorando así o contido da comida máis importante do día, promover os hábitos de vida saudables, sensibilizar ós mozos e mozas da necesidade dunha boa alimentación, reforzar os comportamentos alimentarios adquiridos nos almorzos saudables, reducir o consumo de chucharías e aumentar o de bocadillos, froita, cereais, iogures e outros alimentos de alto valor nutritivo e dar a coñecer pautas para realizar un desaiuno san e apetecible.

(Tódolos alimentos dos Almorzos Saudables foron doados polo supermercado Eroski).