Os Cabaleiros celebra as festas na honra do Santísimo Cristo da Victoria e a Virxe das Dores

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terán lugar os vindeiro días 7, 8 e 9 de setembro

 

O barrio dos Cabaleiros, na parroquia de Mos, acolle esta fin de semana as festas na honra do Santísimo Cristo da Victoria e a Virxe das Dores. Celebraranse os días 7, 8 e 9 de setembro.

 

O sábado día7, apartir das 22.00 horas, gran sardiñada gratis con sardiñas doadas polo bar da festa, amenizada musicalmente polas charangas Charamujas e Trouserghas.

 

O domingo 8 pola mañá concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso e pola noite verbena a cargo das orquestras Kamelot e Almirantes.

 

O luns 9 pola mañá actuará a charanga Va K Pinta e pola noite farano as orquestras Trovadores e Israel Espectáculo.

 

Os actos relixiosos serán: o sábado día 8 de setembro ás 12.45 horas, ó lado do cruceiro do Santísimo Cristo, Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos seguida da tradicional procesión; e o luns, día 9, ás 12.00 horas Misa na honra da Virxe das Dores.