Os escolares mosenses ‘van por Nadal’ ás empresas do municipio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O programa educativo iniciouse hoxe cunha visita á conserveira Thenaisie Provote

 

Hoxe deu comenzo o programa de visitas a empresas do Concello de Mos polos escolares mosenses con motivo do Nadal, que leva por nome ‘Vimos por Nadal’ e está organizado pola concellería de Educación que dirixe a edil Kely Monzón.

 

Esta iniciativa vai orientada a complementar os recursos escolares e académicos en tempo lectivo e horario escolar. Segundo declarou Monzón “o programa ‘Vimos por Nadal’ é unha actividade educativa novedosa na que, dende a concellería de Educación, se promoven visitas escolares ás empresas do noso entorno, co obxectivo de achegar a escola ás empresas e fomentar o coñecemento da actividade empresarial da nosa área entre o alumnado”.

 

Os nenos e nenas participantes nesta actividade, deixan en pago á empresa visitada unha felicitación navideña en forma de postal, panxoliña ou agasallo feito polos propios escolares, como agradecemento á empresa anfitriona.

 

Esta mañá visitouse a empresa conserveira Thenaisie Provote, ubicada no polígono de Arrufana, mañá a empresa visitada será a textil Pili Carrera e o vindeiro día 20 de decembro, a anfitriona será a industria de pan e bollería, Pan Jabema, sita no Polígono do Rebullón.

 

Na visita de hoxe ó grupo conserveiro especializado na producción de todo tipo de conservas de pescados e mariscos, Thenaisie Provote, participaron un total de 19 alumnos e alumnas de quinto curso de Primaria do CEIP de Petelos, acompañados por un mestre do Colexio, a concelleira Kely Monzón e dúas guías traballadoras da propia empresa. Durante o percorrido realizado polas instalacións da factoría os cativos participantes puideron coñecer as distintas preparacións e formatos de envasado de pescados coma o atún, o bonito, as sardiñas, as sardinillas e as caballas, entre outras moitas curiosidades sobre a cadea productiva da industria conserveira.

 

Os que visitarán mañán Pili Carrera en horario de 09.30 horas a 11.30 horas serán escolares pertencentes ó Colexio de Atín, e os que vaian a Pan Jabema o día 20 serán nenos e nenas do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.

 

Pili Carrera é unha empresa líder na producción e distribución da moda infantil, ofrecendo baixo unha mesma marca -Pili Carrera-, as súas coleccions para recén nacido, bebé, nena, neno, puericultura e mobiliario, cubrindo desta maneira todas as necesidades que poida ter un neno no seu crecemento. A oferta completase cunha líña de cosmética de fragancia fresca e doce para o coidado do bebé. A sede central de Pili Carrera atópase na mosense parroquia de Torroso, onde se ubican unhas modernas instalacions de 20.000 metros cadrados nas que se desenvolve todo o proceso de producción da empresa, dende o deseño ata o acabado final.

 

O grupo de rapaces que visiten Pan Jabema o 20 de decembro estará formado por 25 alumnos e alumnas preferentemente de Educación Infantil e Primaria. Pan Jabema é unha fábrica de pan e bollería que, entre outros productos, adícase á elaboración de bocadillos, sándwiches envasados, etc.