Os futuros soldadores, albaneles e carpinteiros son mulleres

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Experiméntase unha ampla presenza feminina no IV PIE e nos obradoiros municipais de emprego e cursos AFD que imparten estas especialidades

Continúa o mes da muller e neste marzo Mos sigue a poñer en valor á súa poboación feminina. Neste caso os datos veñen dados dende as iniciativas municipais de formación para o emprego das que se extrae a positiva conclusión de que as históricamente calificadas de “profesións de homes” ou masculinas, comezan a ser paritarias cunha presenza feminina cada vez maior.

O exemplo máis claro témolo no Obradoiro Municipal de Emprego Mos Rehabilita II que conta coas especialidades de albanelería e forestal/xardinería. O grupo de albanelería está integrado por 5 mulleres e 5 homes e o grupo forestal por 4 mulleres e 6 homes.

Tamén hai presenza feminina nas especialidades de carpintería e de programación do outro Obradoiro Municipal de Emprego en Marcha, o Mos coa Mocidade II. A especialidade de carpintería conta con 2 mulleres no grupo e a de programación con 1.

Destaca por outra banda o feito de que no curso AFD de Soldadura Oxigás e Mig/Mag que se está a impartir na Axencia de Colocación de Mos haxa un total de 6 alumnas mulleres e 7 alumnos varóns e no de Docencia da Formación Profesional para o Emprego 13 mulleres e 2 homes.

No AFD de Soldadura incluso comezaron sendo máis mulleres que homes, 8 fronte a 7; pero dúas delas tiveron que deixar o curso por motivos de forza maior.

En total entre os dous obradoiros de emprego e as dúas Accións Formativas para Desempregados, AFD, actualmente en marcha no Concello de Mos suman 64 beneficiarios dos que 31 son mulleres e 33 son homes. Un indicativo de que Mos vaise aproximando á paridade e de que as profesións etiquetadas socialmente como masculinas tales como a soldadura, a albanelería ou a carpintería xa non son de práctica exclusiva dos homes e hai moitas mulleres que se interesan por aprender e desenvolver estas profesións e as elixen como futuro profesional.

O persoal da Axencia de Colocación de Mos destaca ademais que se está experimentando unha maior presenza feminina que masculina nos procesos de selección de accións formativas e obradoiros de emprego, aínda que logo sexan máis homes os que os realizan pola dificultade delas de compaxinar vida familiar e laboral. Sen embargo, dende a Axencia estase a traballar para que esta situación cambie e que as mulleres, que están apostando por unha formación especializada e de calidade para relizar unha búsqueda proactiva de emprego e ser así máis competitivas no mercado laboral, poidan compaxinala coas súas circunstancias vitais.

IV PIE Mos 3.0

Outro caso a mencionar é o do IV Programa Integrado de Emprego (PIE) Mos 3.0 que se atopa realizando a selección das 100 persoas en situación de desemprego participantes no mesmo. Gran parte do procedemento selectivo xa está realizado e xa se elixiron a 88 persoas quedando 12 candidatos/as aínda por seleccionar. Dos seleccionados, 53 son mulleres (o 60,2%) e 35 son homes (o 39,7%). Polo tanto, ata o momento, un 20,5% máis de mulleres que de homes participarán na IV edición do PIE.