Os mosenses poden consultar o Censo Electoral ata o 07 de outubro no Rexistro do Concello

Escrito por admin. Posteado en Actualidad, Actualidade

A consulta deberá ser realizada de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Dende o Rexistro Xeral do Concello de Mos infórmase de que os electores mosenses xa poden consultar si se atopan no Censo Electoral con motivo das vindeiras Elecciones a Cortes Generales, de 10 de novembro de 2019.

Deste xeito ponse a disposición dos veciños do Concello de Mos, o servizo de consulta das listas do Censo Electoral vixentes que poden ser consultadas dende o vindeiro luns día 30 de setembro ata o 07 de outubro.

A consulta realizarase mediante medios informáticos e para acceder aos seus datos, os/as interesados/as poderán facelo no departamento do Padrón de habitantes do Concello de Mos (ventanilla de Rexistro Xeal na Casa Consistorial), previa identificación do interesado a través do DNI, pasaporte ou permiso de conducir, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.