Os premiados da Lotería de Nadal de ASOMAMOS poden pasar a cobrala tódolos martes e xoves deste mes

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O horario de cobranza será matinal, de 10:00 a 12:00 horas

 

A Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas mosense, –ASOMAMOS-, informa de que a súa Lotería de Nadal resultou premiada e que todas as persoas que a compraron poden pasar a cobrala polo seu local social situado no centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos, todos os martes e xoves do mes de xaneiro en horario de 10:00 horas a 12:00 horas.