Participación Cidadá

Descargas Asociadas


    Seleccione categoría a buscar...

    Participación Cidadá

    En xaneiro do 2009 ponse en marcha a Concellaría de Participación Cidadá co obxecto de aglutinar os recursos e as actividades dirixidas aos diferentes sectores da poboación, creando esta área para impulsar a dinamización da sociedade mosense. Desde entón, a mocidade, os maiores e as asociacións, teñen na Concellaría de Participación Cidadá o seu espazo de referencia, cunha programación específica e unha adecuada atención ás necesidades de información, formación e lecer.

    A Concellería de Participación Cidadá, , enmárcase dentro do modelo do estado de benestar que procura a mellora da calidade na atención á poboación achegando os recursos á cidadanía e fomentando o desenvolcemento dos grupos e das persoas.

    Nesta nova etapa o noso compromiso neste sentido vai dirixido a consolidar, fortalecer e mellorar este departamento nas seguintes función:

    • Atención ao cidadán de luns a venres en horario de 9 a 14 horas
    • Xestión de recursos e subvencións dirixidos a promover a participación da cidaddanía
    • Desño e desenvolvemento de programas de ocio por sectores de poboación atendendo aos recursos e ao orzamento asignado
    • Ocio en familia: realización mensual deunha actividade dirixida a todos ós públicos que favoreza a participación das familias (espectáculos, cine, xornada de xogos, aventuras, audicións, festas…)
    • Tempo de Lecer: promoción das actividades de ocio nas asociación contestando ás necesidades e intereses destas. Programas de crácter anual encamiñados cara ás corresponsabilidade na xestión e finanzamento das entidades beneficiarias
    • Control, supervisión e avaliación organizativa e orzamentaria de todas as iniciativas desenvolvidas neste departamento

    Área Familias

    O programa “Ocio en Familia” que inclúe actividades de ocio dirixido ás familias.


    Área Asociacións

    Consiste este programa en os obradoiros que se ofertan nas diferentes asociacións, veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc, que desexen participar e cumpran os requisitos que se marcan nestas bases. Sendo esta a maneira máis eficaz de facilitar a todos os veciños/as o acceso a esta actividade de lecer.Un dos fins do programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.

    Obxectivos

    • Fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria.
    • Facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas.
    • Promover a participación social entre as persoas que máis o precisen.
    • Proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo.
    • Fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

    Área Xuventude

    Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX)

    A OMIX é a Oficina Municipal de Información Xuvenil e atópase no Edificio do Multiusos situado nas Pozas en Petelos, (preto do IES e do Colexio de Petelos)

    Cales son os Servizos que ofrece a OMIX?

    • Información, orientación e asesoramento ás mozas e mozos de 12 a 35 anos sobre actividades de xuventude.
    • Carné Xove.
    • Punto de información á Rede de Información Xuvenil.

    Cales son as actividades dirixidas á xuventude?

    • Obradoiros de Tempo de Lecer: nas asociacións veciñais e culturais.
    • Excursións.
    • Cursos para a xuventude: Monitor de comedor escolar, cociña, monitor de Tempo Libre, etc.
    • Carné Xove: descontos para os mozos/as de 12 a 30 anos, prezo: 6 €, validez: 2 anos. Recoller os impresos na OMIX.
    • Presentación no IES das actividades semanais: Luns de 12 a 12:30 horas.
    • Información de campamentos da Xunta.
    • Información de campamentos da Deputación.
    • Noites Vivas.

    Persoas de contacto:

    Concelleira: Julia Loureiro
    Administrativa: Kely Monzón e Ángeles Toucedo

    Os teléfonos para calquera consulta: 986 339 404 ou 986 331 200