Participación Cidadá organiza unha saída polo Paseo do Louro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe se abriu o prazo de inscrición e a excursión realizarase o 28 de outubro

Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón estase a organizar unha saída dirixida á poboación xeral que se realizará o vindeiro 28 de outubro polo Sendeiro Ecolóxico do Río Louro.

O día 29 de outubro realizarase novamente esta saída pero organizada específicamente para os maiores mosenses

A planificación da excursión polo Paseo do Louro terá saída ás 09.30 horas da mañá dende o Parque da Pesqueira, parroquia de Mos, cunha duración de hora e media aproximadamente. O obxectivo principal desta actividade é que os participantes coñezan a flora e a fauna existente na zona do río que pasa polo municipio de Mos. Para isto, contarase co acompañamento dun guía (persoal do Concello) que irá explicando os distintos elementos naturais que se vaian atopando polo camiño.

Tamén haberá un sorteo de agasallos entre os participantes.

O prazo de inscrición para os interesados en participar comenzou hoxe e prolongarase ata o 25 de outubro. O lugar para cumprimentar a solicitude coa que inscribirse é o Rexistro municipal.