Participación Cidadá organiza unha viaxe a León para os maiores mosenses

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A saída será en outubro e o prazo de inscrición estará aberto do 12 de agosto ao 7 de setembro

 

A concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón, informou hoxe da celebración dunha excursión a León, para maiores de 60 anos e pensionistas maiores de 55, os días 4, 5 e 6 de outubro. O día 4 de outubro os participantes nesta viaxe visitarán as Médulas e Ponferrada, o día 5 coñecerán a cidade de León e o día 6 irán a Astorga e á localidade de Castrillo de Los Polvazares.

 

O prezo por persoa desta saída é de 140 euros con suplemento de 25 euros para os que desexen habitación individual e de 5 euros para os interesados en contratar seguro de anulación. O prezo da viaxe inclúe todos os desplazamentos en autocar, dúas noites en hoteis de tres estrelas, manutención en réxime de pensión completa, visitas turísticas, guía acompañante e seguro de viaxe.

 

Para participar nesta actividade os interesados deben apuntarse no Rexistro do Concello dende o 12 de agosto ao 7 de setembro,e o prazo de pago será do 9 ao 13 de setembro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O día 9 de setembro farase pública a lista de admitidos.

Os obxectivos desta actividade son impulsar a participación social activa e a integración das persoas maiores na comunidade, previr a soidade, impulsar e dinamizar as relacións sociais e promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización. Esta viaxe atópase enmarcada no programa municipal Tempo de Excursións, que ten como finalidade que os participantes con menos posibilidades de ocio, e que non contan con iniciativa propia ou posibilidade de organización e disposición, poidan viaxar con xente do seu entorno, e darlle a posibilidade de enriquecerse do turismo histórico, natural, paixaxístico e cultural. Ademais, este tipo de saídas fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal e as habilidades de socialización e o aprendizaxe.