Participación Cidadá organiza unha viaxe a Portugal en outubro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O prazo de inscrición atópase aberto e rematará o vindeiro 11 de setembro

 

A concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Begoña Toucedo organiza unha excursión para a poboación xeral maior de idade polo Río Douro e visita a Oporto.

 

A viaxe terá lugar durante os días 5 e 6 de outubro tendo como beneficiarios a persoas maiores de 18 anos.

 

O prazo de inscrición atópase xa aberto e os interesados en anotarse poderán facelo ata o 11 de setembro no Rexistro do Concello, nas oficinas do edificio Multiusos das Pozas e a través da sede electrónica.

 

O custe da viaxe por persoa será de 159 euros incluíndo visitas a Vila Real, Lamego,  travesía en Barco Regua–Oporto e visita panorámica en Oporto.

 

Para obter máis información sobre esta excursión pódese chamar ao teléfono 986 339404.