Paseo do Louro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

As obras do paseo do Louro marchan a bo ritmo

En setembro quedarán rematadas as escolleras das marxes do río

O convenio para a mellora da marxe do Louro, destinado ó mantemento e conservación da mesma, financia as obras de acondicionamento cunha cantidade exacta de 860.415,43 euros. O proxecto de recuperación está financiado nun 80% pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil a través dos Fondos Europeos Feder, e no 20% restante pola Deputación de Pontevedra; supoñendo esta obra un custe cero para o Concello de Mos. O prazo de execución dos traballos en curso é dun ano.