Patricia Martínez revalida por sexta vez o seu título de campiona de España de Baile de Salón

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A competición celebrouse o domingo 10 de febreiro en Valencia

 

O pasado domingo, día 10 de febreiro, a bailarina mosense Patricia Martínez e a súa parella de baile, Adrián Esperón, renovaron o seu título de campións de España dos 10 Bailes de Salón.

 

A competición celebrouse en L’Eliana, Valencia, e consistiu nunha extensa proba que se prolongou dende as 14.30 horas ata as 21.00 horas, tempo durante o que Martínez e Esperón bailaron 8 roldas en total contra o resto das 25 parellas participantes.

 

Coa obtención deste novo título de campións de España, suman un total de 6 medallas de ouro nesta competición nacional, 3 delas na modalidade de 10 Bailes (Estándar e Latinos).

 

Tras a obtención desta derradeira victoria a bailarina de Mos, como sempre, quixo “agradecer públicamente á súa parella, Adrián Esperón, a loita común neste deporte dende fai xa case 8 anos, así coma ó seu adestrador persoal, Miguel Abreu (director da Escola de Baile Pasos), as ensinanzas trasladadas, á súa familia e amigos o apoio e afecto recibidos, ós clubs e adestradores nacionais pola axuda aportada constantemente, e por último, pero non por elo menos importante, á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e ó concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas, polas facilidades que poñen ao alcance da miña man para que eu siga loitando nestes tempos tan complicados para todos, e así continuar a levar o nome de Mos alá onde vaia”, declarou Patricia Martínez.