Pechada ó tráfico a Avenida de Sanguiñeda con motivo da Cabalgata de Reis

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será ó longo do día de mañán, sábado 5 de xaneiro

 

Dende a concellería de Cultura de Mos infórmase de que mañán, sábado 5 de xaneiro, dende as 08.00 horas da mañán e ó longo de todo o día permanecerá pechada ó tráfico rodado a Avenida de Sanguiñeda con motivo da tradicional Cabalgata de Reis que dará comenzo ás 18.00 horas da tarde.

 

Os establecementos comerciais da zona foron informados de dito peche pola Policía Local mosense fai xa varios días. E dende o departamento municipal de Cultura pídese “desculpas polas posibles molestias ocasionadas ós particulares que se vexan afectados e agradece a colaboración veciñal ante medidas coma estas, un pouco incómodas, pero necesarias para levar a cabo óptimamente actividades tan emblemáticas e ilusionantes para os máis pequenos como é a Cabalgata”.