Pechada ó tráfico a Avenida de Sanguiñeda con motivo do Desfile de Comparsas de Entroido

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será durante a tarde do vindeiro domingo, día 10 de febreiro

 

Dende a concellería de Cultura de Mos infórmase de que o vindeiro domingo, día 10 de febreiro, a partir das 16.00 horas da tarde permanecerá pechada ó tráfico rodado a Avenida de Sanguiñeda con motivo do Desfile de Comparsas de Entroido, que dará comenzo ás 17.30 horas da tarde.

 

Dende o departamento municipal de Cultura pídese “desculpas polas posibles molestias ocasionadas ós particulares que se vexan afectados e agradece a colaboración veciñal ante medidas coma estas, un pouco incómodas, pero necesarias para levar a cabo óptimamente actividades tan exitosas e concorridas como é este desfile de comparsas que ven aumentando o seu número de participantes ano tras ano”.