Pereiras celebra as Festas da Virxe do Libramento

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terán lugar do venres 6 de setembro ó luns, día 9

 

A parroquia mosense de Pereiras acolle un ano máis as festas na honra da Virxe do Libramento. Terán lugar esta fin de semana, os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.

 

O venres 6 de setembro a programación comezará cunha gran sardiñada amenizada polo grupo Pel e Pau e o grupo de Pereiras, Ollos Pretos. O sábado. día 7, a tradicional tirada de fogos realizarase ás 14.00 horas, e pola noite amenizarán musicalmente a verbena as orquestras, Canadá e Olympus.

 

O domingo, día 8, pola mañá ás 10.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música de Salvaterra co tradicional pasarrúas. De 11.00 horas a 12.00 horas esta banda dará un concerto. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, actuará o Grupo Folclórico Nosa Terra. E a partir das 21.00 horas empezará a verbena coa orquestra Gran Casino e o grupo de folk tradicional, Treixadura.

 

Por último, o luns 9 de setembro ás 10.30 horas da mañá, fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música Cultural de Arcade. E a partir das 17.00 horas iniciaranse as tradicionais cucañas para todas as idades, e pola noite, a partir das 22.00 horas, verbena a cargo das orquestras Capitol e América. Ó remate da verbena haberá unha gran queimada para todos os asistentes.