Pereiras organiza o II OPEN “NOSA TERRA”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Asociación de Veciños “Nosa Terra” de Pereiras e a Xunta Comunal de Montes de Pereiras organizan en colaboración o II Open Nosa Terra. Dende o próximo sábado 16 de febreiro terá lugar na Pista Polideportiva “Os Castros” de Pereiras un Torneo mixto de tenis, con inscripción aberta a todas e todos os interesados, non importando o xénero, a idade nin o nivel de xogo.

A inscripción realizarase no teléfono 609717254 (a partir das 15h) ou no correo electrónico rober.riveiro@gmail.com antes do próximo 10 de febreiro. O custe é de 4€ por participante, a pagar in-situ antes do primeiro partido.

Os encontros terán lugar os sábados e os domingos pola mañá, cun sistema a 2 sets con Super Tie-break. O torneo prolongarase varias semanas, en función do número de participantes.