Pista de mini basket en Sanguiñeda

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Recentemente rematadas obras de acometida dunha nova pista de mini basket na área de lecer de Sanguiñeda. Estes traballos veñen a completar e sumarse ós de instalación do parque-escola sobre a auga e os cultivos ecolóxicos, operativo dende o pasado mes de decembro.

A mini pista de baloncesto que se acaba de instalar na área de lecer de Sanguiñeda foi a petición dos pais dos moitos nenos e nenas que xogan habitualmente na zona.

As concellerías de Deportes e Parques e Xardíns veñen de optimizar todas as pistas deportivas ubicadas dentro de parques municipais. Isto é, xunto coa nova pista acometida no parque de Sanguiñeda, melloráronse tamén as pistas deportivas dos parques de Arrufana en Louredo e Torroso. Os traballos, realizados con fondos propios da administración local, consistiron no pintado das pistas e a reparación de canastas e porterías.