Plan Municipal de Fomento da Ocupabilidade

Servizo IOBE

O Concello de Mos é entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia.

A través deste servizo, realízanse as seguintes accións:

  • Elaboración de diagnoses individualizados, traballando o perfil profesional da persoa demandante do servizo.
  • Facilitar e potenciar o desenvolvemento profesional, das competencias e das habilidades das persoas demandantes de emprego.
  • Apoiar os/as traballadores/as desempregados/as no seu proceso de inserción laboral, motivándoos e asesorándoos ante as dificultades de acceso ao Mercado de Traballo.
  • Ofrecer unha resposta real a situación actual do Mercado Laboral e traballar os novos xacimentos de Emprego e/ou aquelas profesións máis demandadas actualmente.
  • Implicar o demandante no seu proceso de busca de Emprego a través da motivación e do reforzo.
  • Informar no só sobre as opción laborais e formativas senón tamén, sobre as diferentes maneiras de acceder a elas.
  • Traballar no perfil profesional de cada usuario, destacando aquelas habilidades e competencias máis demandadas polas empresas.
  • Apoiar o Emprego das novas tecnoloxías na busca de Emprego, así como a utilización das Redes Sociais como unha nova oportunidade para acceder o mundo laboral.
  • Traballar o obxectivo profesional de cada usuario: realizando un coñecemento de sí mesmo, coñecemento do mercado laboral, establecer unha definición clara dos obxectivos, dispoñibilidade, ámbito xeográfico, …
  • Que a persoa recoñeza as diferentes ferramentas, recursos e vías de acceso disponibles para a busca de Emprego.
  • Traballar a motivación, confianza en sí mesmo, expectivas, autoestima,..
  • Intermediación laboral a través da axencia de colocación, autorizada polo SEPE co núm 1200000026
  • Orientación laboral e intermediación de persoas incluídas no Plan Prepara a través do Convenio suscrito pola Axencia de Colocación de Mos coa UTE Adalid.

Atención: CITA PREVIA, a través do Servizo Público de Emprego de Galicia e/ou Oficina de Emprego comarcal.

Contacto: orientadora.laboral@concellomos.es

Intermediación laboral coa empresa

Co obxectivo de dar resposta tanto as demandas das empresas coma as dos traballadores desempregados, o Concello de Mos , quere ser o mediador directo entre a oferta e a demanda e poder ofrecer unha rápida resposta a empresa que demanda traballadores e poder ser unha canle de colaboración entre o traballador e o empresario.

Por elo dende o 16 de decembro de 2013, o Concello de Mos é Axencia de Colocación autorizada co núm. 1200000026.

Calquera demandante de Emprego e/ou empresa, independentemente do lugar de procedencia, poden darse de alta no portal da Axencia a través da web: www.axenciadecolocacionmos.es

Cómo solicitar traballadores?

As empresas que necesiten solicitar traballadores a través da nosa bolsa de emprego, poden fácelo dende o enlace desta páxina web dedicado as empresas ou poden acudir as nosas instalacións

Cómo funciona?

Unha vez registrada a empresa a través da páxina web e tras solicitar os traballadores, o persoal técnico do departamento de emprego, encargarase de xestionar dita petición
Dende a bolsa de emprego realizarasé unha primerira selección entre os usuarios que se candidaten á oferta, e, se non houbera candidato/a adecuado, realizaráse unha busca na base de datos da Axencia, tendo en conta os requisitos solicitados. O resultado da seleccións remitirase a empresa na forma en que se solicite.

Ë imprescindible manter actualizado o perfil, e completo, subindo o currículo no apartado correspondente.

Este servizo e totalmente gratuíto.

Prácticas tuteladas non laboráis

A realización de prácticas profesionáis em empresas ten como obxectivo adecuar as competencias profesionáis ao mercado laboral.

Posibilidades:

  • Prácticas prelaboráis vinculadas a formación para o emprego.
  • Prácticas prelaboráis con ou sen compromiso de contratación.

SAE-MOS – Servizo de asesoramento a emprendedores

  • Identificar zonas de actuación conxuntas, e deseñar e implementar novos mecanismos e instrumentos xeradores de maior e mellor emprego
  • Detección de oportunidades de negocio e de cooperación empresarial.
  • Información e asesoramento sobre Programas de Políticas activas de emprego executados polo Concello en materia de formación para o emprego.
  • Información estatística sobre as características da demanda de emprego na zona.
  • Impulsar a creación do emprego e a detección proactiva de novas oportunidades mediante a dinamización de tódolos recursos dispoñibles.
  • Información e asesoramento sobre axudas, bonificacións e exencións que afectan ás diferentes modalidades contractuáis.
  • Información acerca das subvencións e axudas á contratación.

Cita previa: aedl@concellomos.es