Plan Xeral de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Unha ferramenta segura para o desenvolvemento empresarial

No día de onte tivo lugar no Pazo de Mos unha xuntaza na que o Concello de Mos, AEMOS, a Xunta, e as entidades que inflúen de primeria man no desenvolvemento da industria e o fomento do empleo como son XESTUR e o IGAPE, acercaron posturas con máis de oitenta empresarios que acudiron ó Pazo cá fin de escoitar as posibilidades e ventaxas que ofrece a recente implantación do Plan Xeral de Mos.

Julia Loureiro Campo, Conselleira de Urbanismo do Concello, resaltaba ó principio do acto que presentou conxuntamente con Manuel Castro Álvarez, presidente de AEMOS, a importancia do Plan Xeral implantado o 27 de Xullo de este ano en termos de seguridade xurídica , bonificacións que se pondrán en marcha, e o fomento do emprego en novas empresas e nas xa existentes.

Os técnicos do Concello presentarían os datos da situación actual do solo de Mos adicado á actividade industrial que experimentou un gran crecemento nos últimos anos. Entre os datos que ofreceron destaca que tras a aplicación do Plan Xeral a actividade creceu un 50% no seu primeiro trimestre.

Manuel Castro Álvarez, Presidente de AEMOS, centraba o seu discurso inaugural na importancia da aprobación do Plan Xeral de urbanismo en canto as facilidades que supondría para o pequeno empresario e sobre todo no proxecto de naves industrias que desenrrolaría minuciosamente momentos despois Francisco Dominguez, Xerente de AEMOS, no cal se poñen á disposición dos empresarios un total de 18 naves industriais no Polígono de Veiradaña.

Xestur, empresa responsable da xestión do solo de Galicia, representada por Manuel Argimiro Martones Fernández, falaría minuciosamente das posibilidades e das vantaxes de adquirir solo mediante o dereito de superficie e da posibilidade de que varias empresas poidan presentar un proxecto singular conxunto que faga máis factible a súa entrada na actividade industrial.

Pouco despois sería turno para o Dir. Xeral da Dirección de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Martones, que expricou ós empresarios todas aquelas axudas ás que poden acceder á hora de contratar a persoas en período de formación. Tomaría a palabra neste punto tamén o IGAPE quen desglosaría as posibilidades de subvencións e axudas para proxectos empresariais e que estaría representado polo seu Dir. Xeral Juan Cividanes.

Cerraría o acto Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa de Mos, quen tras recalcar a importancia da presenza do Conselleiro de Economía Emprego e Industria, resaltou a Mos como cuarto movemento industrial da provincia de Pontevedra, algo que se conseguiu cun traballo conxunto con AEMOS, Alfonso Martones e o IGAPE na labor incansable de mellorar o desemprego.

Destacaría tamen que Mos é o único concello cun Plan Xeral aprobado e que isto debe incentivar ó empresario a instalar a súa industria en Mos combatindo así a competencia de países veciños que abaratan o solo e a man de obra.

A última nota da Alcaldesa sería para as obras de reforma do Polígono de Rebullón valoradas nuns 300.000€ e que mellorarán a visibilidade, o mobiliario, a señalización e e o entorno ofrecendo así unha nova cara para o Polígono.

Por último Francisco Conde Lopez, Conselleiro de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia poñía en valor este tipo de actos que acercasen as administracións á realidade dos empresarios. Marcaba como obxetivo común sacar a industria galega adiante nun contexto cada vez máis complexo e competitivo marcado pola instalación das novas tecnoloxías e a economía dixital cada vez máis implantadas no día a día das empresas. Destacou tamén a boa labor do Concello coa implantación dun Plan Xeral que beneficie a actividade industrial da zona.

Para acabar a Xornada, os alí presentes puideron degustar un viño español no que empresarios e autoridades intercambiaron opinións de maneira máis distendida.