Pleno do Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Vense de celebrar hoxe luns 27 de abril de 2020 o Pleno do Concello de Mos.

A sesión deu comezo ás 10:00 horas da mañá e tratouse dun Pleno telemático, admitindo a participación a distancia, podendo conectarse os membros da Corporación Municipal mediante a Sede Electrónica da entidade na dirección https://mos.sedelectronica.gal

O Pleno foi retransmitido en directo a través da canle de YouTube da administración local.

Dentro da orde do día aprobouse por unanimidade o borrador da acta da sesión anterior (9 de marzo de 2020), tratouse o Expediente 953/2020 de Dación de conta de Medidas de prevención do Covid-19. E rematouse co apartado de Rogos e preguntas.