Presas de auga en Louredo

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Obras

Para regadío e para complementar o labor municipal da loita contra incendios. (Para regadío das fincas da zona e como reserva de auga para sofocar incendios forestais). Ubicadas en Pombal, concretamente no lugar de Fonte da Val

Detalles dos traballos

A obra consistiu, ademais de na construcción das dúas presas, na limpeza e mellora previas da mina de auga existente, na realización de todos os traballos de instalación de tuberías coas súas chaves de paso correspondentes para o regadío de fincas e na dotación con barandillas a sendas presas.