Presentación da campaña de Promoción territorial “PARTE DE TI”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Presentación da campaña de Promoción territorial “PARTE DE TI”. Iniciativa coa que cada ano pónse en valor tanto a persoas produtoras como a empresas ou servizos que temos no nosos territorio. Nesta ocasión, o territorio de Parte de Ti amplíase ao territorio do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A campaña conta con 10 persoas protagonistas nesta ocasión, das que algunhas delas estiveron presentes no acto celebrado esta mañá. Por parte do Concello de Mos asistiu como representante institucional a alcaldesa, Nidia Arévalo, e como productor o veciño de Torroso, Camilo Grandal, presentando a súa empresa de confección textil Artesanía Granlei.
A presentación aos medios de comunicación celebrouse no espazo Tribu Cooworking de O Porriño, contando con represetación de todos os concellos integrantes do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.