Presentación do Plan Xeral de Ordenación Urbana

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Representantes veciñais e calquera mosense interesado pode acudir ó Multiusos mañán ás 12.00 horas
 
O Concello presentará oficialmente na mañán do sábado día 10 de novembro o documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado inicialmente por unanimidade de tódolos grupos políticos no Pleno Ordinario celebrado pola Corporación Municipal o pasado 25 de outubro. O acto terá lugar ás 12.00 horas no centro Multiusos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos.
 
Segundo declarou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coa nova ordenación o Concello busca definir un novo modelo territorial acorde coas potencialidades e singularidades do termo municipal, tendo en conta a súa situación na estructura xeral de Galicia e a súa relación co conxunto da rede urbana e o sistema de asentamentos.
 
Por outra parte, a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, sinalou que “a necesidade da redacción dunha nova ordenación xustifícase pola necesaria adecuación do planeamento vixente ó marco lexislativo e polo propio dinamismo do territorio municipal”. “Tamén se ten en conta”, continuou declarando a edil, “o marcado carácter rural de amplas zonas municipais, que debe ser contemplado a efectos de delimitación do gran número de núcleos existente”.
 
Durante a presentación, os veciños e veciñas mosenses serán informados sobre as directrices e líneas básicas do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mos. Ademais, a partires do luns día 12 de novembro e durante os dous próximos meses, os documentos que integran o novo planeamento estarán expostos na casa do Concello en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres para que todos os interesados poidan examinalos e, no seu caso, presentar as alegacións que estimen convenientes.
 
Os veciños poderán informarse tamén acudindo ás reunións informativas que se realizarán ó longo destes dous meses polas dez parroquias mosenses. O calendario de visitas, que aparece publicado no Bando distribuído por diferentes puntos do Concello, e é o seguinte:
 
parroquia
local
datas exposición PXOM
horario
 
 
 
 
Mos
Pazo de Mos
Luns 12/11, 26/11 e 10/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Tameiga
Centro de Desenvolvemento Local
Luns 19/11, 03/12 e 17/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Guizán
Local da Sociedade Cultural e Recreativa de Guizán
Martes 13/11, 27/11 e 11/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Torroso
Local do Círculo Cultural e Recreativo de Torroso
Martes 20/11, 04/12 e 18/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Pereiras
Local da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras
Mércores 14/11, 28/11 e 12/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Sanguiñeda
Local da Asociación de Veciños Ledicia
Mércores 21/11, 05/12 e 12/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Dornelas
Local da Antiga Escola Unitaria
Xoves 15/11, 29/11 e 13/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Petelos
Edificio do Multiusos das Pozas
Xoves 22/11, 20/12 e 03/01/2013
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Cela
Local da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Celado
Venres 16/11, 30/11 e 14/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
 
 
Louredo
Local Social da Asociación A Cividade de Louredo
Venres 23/11, 07/12 e 21/12
17:00 a 20:00 horas
 
 
Os veciños e veciñas de Mos, en horario de 12:00 a 14:00 horas na casa do Concello, e nas horas previstas para as visitas que se realicen ás diferentes parroquias, contarán coa asistencia de técnicos municipais e membros do equipo redactor do plan xeral, aos que poderán dirixirse para facer todas as consultas que consideren oportunas. Tras consultar o documento, e durante os dous meses nos que se prolongará a exposición pública do mesmo, os interesados que desexen facelo, poderán presentar alegacións ó Plan aprobado inicialmente en Pleno.