Presentación do X Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Presentación do X Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos: terá lugar mañán, martes 26 de marzo, ás 16.30 horas, no Campo de Fútbol de Cototorrón, parroquia de Tameiga. Ó acto asistirán:

 

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.

Isidoro Táboas, concelleiro de Deportes.

Luis Alonso, edil mosense.

Ramón Doniz, presidente do Club Louro-Tameiga.

Representantes de La Caixa.

Nenos xogadores das categorías do Club-Louro Tameiga que participarán neste torneo.

 

O torneo celebrarase os días 28, 29 e 30 de marzo no Campo de Fútbol de Cototorrón e nel participarán un total de 500 rapaces.