Presentación oficial do obradoiro de emprego Alfacuca III

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego mosense, Óscar Soto, inauguraron oficialmente o obradoiro ante os 32 alumnos-traballadores que participarán nel durante un período de seis meses

 

A delegada territorial da Xunta, María José Bravo, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, inauguraron esta mañá no CDL, Centro de Desenvolvemento Local, o obradoiro municipal de emprego Alfacuca III.

 

Segundo informaron os representantes municipais, o obradoiro terá seis meses de duración e conta cun número de alumnos-traballadores que ascende a un total de 32. Esta terceira edición do obradoiro de emprego Alfacuca é posible gracias á financiación da Xunta, que o subvenciona con preto de 300.000 euros.

 

Durante o acto desta mañá Bravo Bosch destacou a acertada elección das catro especialidades das que consta o obradoiro, “xa que son catro áreas que teñen na actualidade unha importante saída laboral, sobre todo no caso da agricultura ecolóxica”, dixo a delegada.

 

As especialidades das que consta esta terceira edición do Obradoiro de Emprego Alfacuca son agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns, instalación e montaxe de elementos de madeira, e promoción turística local e deseño gráfico. Cada especialidade conta con 8 alumnos-traballadores. A tarefa común a realizar dende as catro especialidades é a revalorización da aldea Alfacuca, na parroquia mosense de Louredo, e outros espacios naturais do Concello de Mos.

 

Máis detalladamente, outros dos traballos que se levarán a cabo durante este novo obradoiro de emprego serán a recuperación ambiental e restauración paisaxística de Alfacuca, plantación de especies arbóreas e plantas autóctonas, creación de espazos de ocio e lecer e zonas de acampada, creación dunha horta ecolóxica cunha finalidade educativa e de desenvolvemento persoal e desenvolvemento dunha estratéxia de promoción dos recursos locais do municipio e a súa plasmación gráfica a modo de desenvolvemento de productos turísticos, culturais, educativos, medioambientais, co obxectivo final da promoción dos mesmos e da consolidación da identidade propia do municipio de Mos.

 

María José Bravo tamén eloxiou que o sistema de representación de sexos entre os participantes no obradoiro sexa paritario, cunha equitativa presencia de mulleres e homes. E felicitou en xeral ó Concello de Mos pola organización do obradoiro de emprego Alfacuca, que asegura que nas súas primeira e segunda edicións acadou tan bos resultados que foi valorado como un dos mellores obradoiros de emprego de toda Galicia.

 

No caso da rexedora local, durante a súa intervención agradeceulles ós participantes no obradoiro o feito de “querer participar nesta nova andaina”, e pediulles que aproveiten esta oportunidade e que poñan os máximos esforzo e adicación neste período de formación que “lles pode ser de gran axuda á hora de atopar un posto de traballo unha vez rematado o obradoiro e, de ser así, sería un motivo de gran ledicia e satisfacción tanto para eles mesmos coma para este Concello ó terlles podido axudar a acadar tal obxectivo”, declarou Arévalo.

 

Pola súa banda, o edil de Formación e Emprego, Óscar Soto, felicitou ós 32 alumnos-traballadores pola gran oportunidade que supón participar neste obradoiro de emprego e por “pasar a formar parte da historia de Mos, por ser os que van rematar a reconstuscción e rehabilitación da aldea Alfacuca, na parroquia de Louredo”.

 

Segundo tamén explicou Soto, os 32 alumnos-traballadores que participan en Alfacuca III “forman parte dun programa mixto de formación e traballo, gracias ó cal, estas persoas verán notablemente melloradas a súa empregabilidade e ocupabilidade de cara ó final do obradoiro”.

 

Asimesmo o edil de Formación e Emprego declarou que “elixíronse estas especialidades dacordo ás necesidades do proxecto de revalorización do espazo de Alfacuca e outros espazos naturais do municipio, como o parque do Campo da Feira, o parque municipal de Sanguiñeda e o Multiusos”.

 

A formación teórica e práctica que aportará aos alumnos a especilidade formativa de agricultura ecolóxica, permitirá aos mesmos acadar as competencias precisas para poder nun futuro desenvolver unha actividade económica neste ámbito, que forma parte dos novos viveiros de emprego, e está en auxe tanto dende o punto de vista da demanda, como da oferta. A través deste proxecto, preténdese dotar ao espazo de Alfacuca cunha plantación de agricultura ecolóxica, cunha finalidade educativa e social, a modo de centro de interpretación, dotándoo de contido dirixido aos colexios do municipio e a colectivos de persoas con discapacidade e de maiores.

 

A revalorización do espazo de Alfacuca e dos outros espazos naturais do municipio nos que se pretende actuar coa especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, ten como obxectivo conseguir converter a Alfacuca nunha zona de esparcemento e lecer, ao que se suma a súa ubicación nun entorno natural, que proporciona a posibilidade de organización de eventos medioambientais e acampadas, e sobre todo da recuperación de especies autóctonas, como os carballos, entre outros.

 

Á especilidade de instalación e montaxe de construcción de madeira súmanse módulos formativos doutras especilidades, que complementan a formación e práctica profesional dos alumnos-traballadores, como manexo de carretillas elevadoras, de modo que estes poidan, ao finalizar o obradoiro ou durante o mesmo, obter o carné de carretilleiro, ocupación actualmente demandada no mercado laboral.

 

As outras dúas especilialidades, a de promoción turística local e a de deseño de productos gráficos, pretenden que os seus alumnos-traballadores teñan unha visión ampla das necesidades dunha localidade e poidan cubrir esas necesidades de forma casi completa, co obxectivo de mellorar a imaxe do municipio, e posibilitar unha promoción dos recursos locais existentes.