Preto de 2.000 alumnos benefícianse este curso das actividades en horario lectivo organizadas polo Concello

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

  • Nenos dos 5 Colexios de Mos visitan a praia de Cesantes dentro da vertente medioambiental deste programa
  • Recolleron e separaron residuos para a súa posterior reciclaxe

 

O Concello de Mos, dende a concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro, oferta hai xa 11 anos unha serie de actividades dentro do horario lectivo ós Colexios de Educación Infantil e Primaria e do IES, dirixida ao alumnado dos seis cursos de Educación Primaria, así como da ESO e Bacharelato; que suma un total de 1.800 rapaces e rapazas.

As actividades que se propoñen dende o Concello funcionan como un instrumento de apoio para as persoas titoras, ó profesorado do centro e ás familias en todo o que supón a tarefa educativa. O fin que quere conseguir esta concellería é que se produza unha mellora na convivencia escolar, familiar e cidadá a través dunha serie de proxectos pedagóxicos sobre temas concretos que resulten atractivos para ó alumnado e que se encarguen de favorecer o seu proceso de ensinanza – aprendizaxe, nos diferentes niveis (lingüístico, cognitivo, motriz e socioafectivo).

As actividades didáctias organizadas encárganse de desenvolver diferentes contidos como educación ambiental e coñecemento do medio natural, educación en valores, educación emocional, tecido empresarial do noso entorno…, etc. A intención última é a de que o alumnado medre a diferentes niveis: académico, persoal e humano.

Para elo o Concello preséntalle aos centros educativos unha listaxe cunha proposta de actividades de entre as que cada centro en cuestión elixe as que lle interesan.

No caso dos CEIPs a listaxe clasifícase en dous proxectos: “Vida saudable” e o “Programa por un Mos máis limpo”. Co primeiro o obxectivo é que o alumnado adopte unha vida sá, dende a alimentación e o deporte, evitando o sedentarismo. O “Por un Mos máis limpo” é unha campaña de sensibilización medioambiental baseada en concenciar ao alumnado na reciclaxe e na da importancia de adquirir novos hábitos para o coidado do medio natural.

Precisamente dentro deste último programa o pasado mércores, onte e hoxe os alumnos e alumnas dos 5 Colexios de Mos participaron na iniciativa ‘Visita a praia’ que se levou á cabo na praia de Cesantes, onde colaboraron na recollida de residuos e separación dos mesmos para a súa posterior reciclaxe.

Ademais de ‘Visita a praia’ os Colexios de Mos poden elixir entre numerosas actividades didácticas a desenvolver durante o horario lectivo como son: descobre o baile deportivo, tenencia responsable de mascotas, igualdade e prevención, primeiros auxilios, contacontos, charla de Ecoembes, obradoiro de integración co centro EVD Galicia de Petelos, Pleno infantil, visita ao Concello, mates no teu súper, visita á panadería, visita o teu súper, que non te enrede a rede, seguridade viaria, xadrez, actividade realizada polo CIM, taller de poesía, surf na escola, excursión a Leitariegos, visita a unha empresa de reciclaxe, música e baile tradicionais, prevención do bullying escolar, Festival de Cans, concerto didáctico, visita ao IES-paso a Secundaria; e festa da auga.

Por outra banda, para o alumnado do Instituto ofértanse algunhas actividades coincidentes coas dos CEIPs como: que non te enrede a rede, primeiros auxilios, Festival de Cans, Pleno xuvenil e actividades propostas polo CIM. E outras específicas como: a presentación da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), Camiño Aventura, a incubadora de proxectos da Xunta, coñece a Protección Civil, visita a ASODIFISI, consumismo responsable no Nadal, taller de xestión do estrés, taller de comunicación asertiva e positiva, proxecto dobraxe na escola, visita á Universidade, proxecto non te consumas, alimentación saudable, decido o meu futuro, visita á Axencia de Colocación de Mos, visita a un centro comercial de alimentación sostible, Minergal, obradoiro de sexualidade, coñece o sendeiro do Louro, obra de teatro con motivo das Letras Galegas e conmemoración do día do orgullo LGTBI.